sábado, 17 de xaneiro de 2015

PINTAMOS A MÚSICA


1º Poñemos a audición de Brahms “Danza húngara” e con un pano na man movémonos ao ritmo da música, vivenciando a diferencia entre sons fortes e frouxos e ritmos rápidos e lentos.


2º Repetimos a actividade pero esta vez en lugar de panos cada neno/a terá un pincel e pintamos a música no aire.


3º Actividade en gran grupo: coa audición de fondo pintamos sobre un papel continuo.


4º Ensinámoslle aos nenos a obra de Kandinsky “Elementos morfológicos” e preguntámoslle se pensan que pode ser unha obra feita a partir dunha peza musical. Observamos os trazos e deducimos cales poden ser froito de movementos rápidos, lentos, fortes e frouxos. 
Logo realizaremos unha actividade de grafomotricidade.

5º Composición en 3D con materias da aula a partir da obra de Kandinsky.




Imaxinamos que somos Kandinsky, pero en lugar de pintar imos facer a nosa obra de arte en grupo con todo tipo de formas xeométricas e liñas que atopemos pola aula.
Foi moi divertido!


Ningún comentario:

Publicar un comentario